HomeCultura"O gran camiño", o día 22 no Ateneo Casino

“O gran camiño”, o día 22 no Ateneo Casino

A proxección, de acceso libre, será este venres 22 ás 20:15. Prégase reserva no teléfono 648 435 033.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres proxéctase no Ateneo Casino de Monforte o filme, O gran camiño, un documental que percorre as grandes rutas a pé do mundo. A proxección contará coa presenza dos seus directores, Alba Prol Cid e Raúl García.

O filme é narrado en primeira persoa polos seus directores, dous cineastas que deciden emprender unha aventura de miles de quilómetros a pé, percorrendo rutas como Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, e tamén o Camiño de Santiago.

O percorrido é unha viaxe máis profunda que explora temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a
espiritualidade, o cuidado do noso planeta ou o auto-coñecemento.
O gran camiño foi finalista a mellor documental nos XX Premios Mestre Mateo, e pasou por multitude de festivais de cine por todo o mundo.

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...