Homesociedade"Cume Tapas Erótico" en Monforte do 21 de maio ao 5 de...

“Cume Tapas Erótico” en Monforte do 21 de maio ao 5 de xuño

Desde a delegación sur de Apehl dase unha última oportunidade para gañar o porco de 100 kg entre as rifas entregadas no XIV Estase Cocendo. A papeleta premiada debe ter as últimas catro cifras iguais ás de calquera destes tres números: 68.776, 76.221 ou 53.681.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comezou a traballar na organización dunha nova edición do concurso de tapas de Monforte, Cume Tapas.

Como novidade, desde Apehl anuncian que “despois do parón de dous anos, esta edición será diferente. Queremos innovar nas nosas campañas e así imos realizar un Cume Tapas temático, o primeiro Cume Tapas Erótico”.

O evento celebrarase do 21 de maio ao 5 de xuño e contará exclusivamente con,. As tapas terán un custo de 1,80 euros.

O prazo de inscrición para os establecementos hostaleiros que queiran participar está aberto ata o vindeiro martes 3 de maio. Para iso, deben porse en contacto coa propia oficina da delegación a través do teléfono 982 412 050.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...