HomeCulturaCertame de Poesía para as 'letras galegas' en Bóveda

Certame de Poesía para as ‘letras galegas’ en Bóveda

O concello presentou as bases e anima á participación antes do 17 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Poderán presentarse a este II Certame de Poesía todas as persoas interesadas que presenten os seus traballos enLingua Galega e sempre que os traballos sexan orixinais e inéditos.

Cando se trate de menores de idade, deberase incorporar unha autorización asinada polos pais, nais ou representantes legais aceptando as bases e autorizando ao Concello de Bóveda á publicación do seu nome e imaxe nos medios con fins publicitarios ou de promoción e sempre no contexto do certame.

CATEGORÍAS, PREMIOS E TEMÁTICA

Todas as persoas  premiadas recibirán un diploma e a publicación da poesía gañadora nas redes sociais do Concello de Bóveda, e respecto das categorías e premios por mérito ter en conta o seguinte:

Categoría A: para nen@s de 6 a 8 anos. En canto a premios, a 1ª persoa clasificada levará un lote de libros por valor de 30€

Categoría B: para nen@s de 9 a 12 anos. A 1ª persoa clasificada gañará un lote de libros por valor de 40€.

Categoría C: para cativ@s de 13 a 18 anos. A 1º persoa clasificada levará un lote de libros por valor de 50€.

Categoría D: Adult@s a partir de 18 anos. A 1º e 2º persoa clasificada gañarán lotes de libros por valor de 80€ e 100€ respectivamente.

A temática do certame ao homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán xirará arredor da paisaxe, a terra e os seus froitos, a natureza, a defensa do idioma e da cultura galega e a emigración.

En canto á extensión mínima dos poemas infantís esta será de 4 versos e a máxima será de 10 versos, mentres que para os concursantes adultos a extensión mínima será de 8 versos e a máxima de 20 versos. A temática do certame ao homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán xirará arredor da paisaxe, a terra e os seus froitos, a natureza, a defensa do idioma e da cultura galega e a emigración.

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS

No que atinxe ás formalidades, os traballos presentaranse en sobre pechado, figurando no seu exterior a mención ao II Certame das Letras Galegas do Concello de Bóveda. No seu interior, nun sobre aparte tamén pechado, irán os datos persoais (nome, idade, enderezo, teléfono de contacto, centro de estudos, título da obra e lema ou pseudónimo) e fotocopia do DNI do autor/a ou do pai, nai ou representante legal. A entrega realizarase, ou ben presencialmente na Casa da Cultura do Concello de Bóveda –de luns a venres en horario de 10:00 a 15:00 horas–, ou ben a través dun correo electrónico poñendo no Asunto “II Certame de Poesía Letras galegas do Concello de Bóveda”. Os traballos irán en formato word ou pdf xunto cos datos persoais e o pseudónimo co que se participa. Tamén se pode remitir por correo ordinario a: Concello de Bóveda, Avda. Afonso XIII, 85. 27340 Bóveda, facendo constar a información xa indicada. O prazo máximo de entrega rematará o martes 17 de maio.

XURADO E ENTREGA DE PREMIOS

O xurado que se dará a coñecer oportunamente estará formado por 3 persoas, todas elas destacadas personalidades no campo das letras, o xornalismo ou a docencia e vinculadas ao Concello de Bóveda. O seu veredicto será inapelable e farase público nun acto celebrado nas dependencias do concello ou de calquera outro xeito que se estime oportuno.

A data establecida para a entrega de premios está prevista –aínda que se podería modificar polo concello por motivos de organización– para a segunda quincena do mes de xuño de 2022 e estos serán entregados pola concelleira de cultura.

Os traballos non premiados de maior calidade serán seleccionados e a organización resérvase o dereito de publicar dita selección, cedendo as/os autores o dereito exclusivo de explotación das obras. O resto de poemas non premiados nin seleccionados, serán devoltos nun prazo de tres meses, previa solicitude por escrito. Transcorrido o dito prazo serán destruídos e non se contactará co autor/a.

Os traballos non premiados de maior calidade serán seleccionados e a organización resérvase o dereito de publicar dita selección, cedendo as/os autores o dereito exclusivo de explotación das obras

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...