HomesociedadeAxuda no fogar e inserción laboral, a través de Albores Saúde Mental

Axuda no fogar e inserción laboral, a través de Albores Saúde Mental

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou este xoves as instalacións de Albores en Monforte, acompañado do xerente da área sanitaria, Ramón Ares. A Consellería de Sanidade colabora co colectivo Albores no impulso de dous programas de atención integral no eido da saúde mental na Zona Sur da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos programas desenvolvidos por Albores consiste nun servizo de axuda no fogar para favorecer que as persoas que sofren a problemática da saúde mental adquiran autonomía na súa vida cotiá e poidan permanecer no seu entorno habitual. Estímase que esta medida tivo máis de 30 beneficiarios, entre os afectados e os familiares. No ano 2020 a asociación levou a cabo 728 intervencións no marco deste plan.

A segunda acción busca facilitar a inserción sociolaboral deste colectivo, con actividades que incrementen as súas posibilidades de atopar e manter un emprego. Para iso prográmanse obradoiros individuais e grupais que abordan cuestións como as habilidades precisas para buscar traballo; e tamén se fai acompañamento en entornos normalizados de emprego e formación.

Nova convocatoria

A través da convocatoria de 2022, a Xunta de Galicia destina 841.177 euros a financiar os programas que desenvolven as entidades sociais sen ánimo de lucro do eido da saúde mental. O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o 11 de maio.

Nesta ocasión, a Xunta de Galicia adianta en tres meses a convocatoria con respecto ao ano pasado para facilitarlles aos beneficiarios a execución dos fondos. Ademais, anticipará o 100% da subvención no momento da notificación da concesión.

Arias destacou que nesta edición mantense unha liña diferenciada para o desenvolvemento de programas de prevención do suicidio, que se incorporou por primeira vez o ano pasado. De feito, este aspecto constitúe unha das prioridades marcadas polo Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024. No marco deste Plan, estendeuse a rede de unidades de atención á saúde mental na sanidade pública galega, coa posta en marcha nesta área sanitaria dunha unidade de prevención do suicidio e cóntase con psicólogos clínicos de enlace de primaria e hospitalaria.

ÚLTIMAS

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...