HomeCultura"Contamos coas crianzas de Sober", formar e formarse contando contos

“Contamos coas crianzas de Sober”, formar e formarse contando contos

Este venres, 20 de maio, a Biblioteca Pública de Sober coordina unha actividade de animación á lectura dirixida aos nenos e nenas de educación infantil do CEIP Virxe do Carme, de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sesión titúlase: ‘Contamos coas crianzas de Sober’ e desenvolverase na biblioteca escolar do CEIP Virxe do Carme. Alumnado do Ciclo Formativo de Educación Infantil do IES Daviña Rey, de Monforte, como parte das súas prácticas de aula, desenvolverán unha sesión de narración oral que incluirá diferentes contos en lingua galega.

Esta é unha experiencia de aprendizaxe-servizo deste alumnado, que ten a posibilidade de contar contos nunha biblioteca durante o seu período de formación inicial.

A experiencia lectora na primeira infancia abarca tanto os campos da creación plástica como literaria, o que favorece o desenvolvemento tanto afectivo, social e moral como da súa capacidade creativa. Neste caso as entidades organizadoras achegan esta actividade para os nenos e nenas entre os 3 e 6 anos matriculados no colexio público de Sober.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...