InicioCulturaSarria acolle unhas xornadas sobre intelixencia artificial e dereito

Sarria acolle unhas xornadas sobre intelixencia artificial e dereito

Varias persoas expertas abordarán a relación entre ambas disciplinas. As xornadas poderán seguirse vía streaming dende a canle de Youtube da Deputación de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Sarria acollerá os días 3 e 4 de xuño unhas xornadas sobre a relación entre a intelixencia artificial e o dereito, que será abordada desde distintas perspectivas por persoas expertas no ámbito xurídico e das novas tecnoloxías.

A incorporación da intelixencia artificial á xustiza é o tema elixido para protagonizar as XV Xornadas Xurídicas de Sarria ‘Román García Varela’, que se celebrarán na Casa da Cultura o vindeiro venres e sábado.

O vicepresidente do Tribunal Constitucional, Juan Antonio Xiol Ríos, abrirá as xornadas cunha conferencia inaugural que dará paso a dous días nas que terán lugar mesas redondas para analizar cuestións como a biometría no proceso de investigación criminal, a propiedade intelectual das obras creadas por intelixencia artificial ou o cibercrimen.

Baixo a dirección do letrado da Administración de Xustiza Román García-Varela Iglesias e polo catedrático de Dereito Mercantil e avogado Carlos Lema Devesa, estarán en Sarria maxistrados do Supremo e da Audiencia Nacional ou o fiscal xefe de extradición en Reino Unido.

Os promotores destas xornadas, creadas en 2007 polo magisrado Román García Varela –falecido en 2013–, pretenden que o foro analice o desafío que implica para o mundo xurídico o uso da intelixencia artifical e a súa potencial aplicación.

Pódese acceder ao programa completo das xornadas dende a web do Concello de Sarria.

SEGUIMENTO POR STREAMING

O Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo, retransmitirá as sesións na canle de Youtube da Deputación de Lugo, de tal forma que todo aquel que o desexe poderá seguilas en directo. Estas son as ligazons das retransmisión:

ÚLTIMAS

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...