HomesociedadeXLIV edición das Feiras e Festas de Primavera no Páramo

XLIV edición das Feiras e Festas de Primavera no Páramo

Un dos atractivos desta cita está na Feira de Gando, que terá lugar este sábado, coa participación de 350 reses, na súa maioría de gandeiros e gandeiras do concello do Páramo e da comarca de Sarria. Tamén haberá unha representación de exemplares da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na inauguración da XLIV edición das Feiras e Festas de Primavera, que se recupera esta fin de semana tras dous anos de parón, no Campo da Feira de Vilarmosteiro, no concello do Páramo. No acto tamén participou o Alcalde da localidade, José Luis López López, ademais doutros representantes locais e provinciais.

Tras a inauguración, o xornalista e escritor, Xulio Xiz, foi o encargado de pregoar esta cita organizada pola Asociación Amigos do Campo da Feira. Rivera Capón destacou a importancia desta cita, coa que colabora a institución provincial cunha achega de 8.000€ para a súa celebración.

“Esta actividade impulsa o sector primario e recupera oficios tradicionais. Dende a Deputación de Lugo buscamos estar a carón dos concellos e facelo con propostas coma esta é sempre un orgullo e unha oportunidade para dar a coñecer todo o que temos na nosa provincia”, destacou o Deputado. Ata o domingo, os asistentes poderán visitar exposicións permanentes de maquinaria agrícola, artesanía e pintura, ademais de participar en obradoiros de cestaría.

A Deputación co Páramo

Dentro desta liña de colaboración cos concellos, a Deputación de Lugo inxecta este ano 2022 máis de 245.000€ ao Concello a través do Plan Único para a mellora de infraestruturas, fomento do emprego e actividades culturais como esta feira. En concreto, a institución provincial destina máis de 200.000€ ao acondicionamento e mellora de accesos a diferentes núcleos. Estes fondos do Plan Único tamén se dedican ao funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar con preto de 4.500€, á creación de emprego con 20.000€ ou á administración electrónica e protección de datos, con 5.300€.

ÚLTIMAS

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...