HomesociedadePróximos cursos da AGACAL en Monforte

Próximos cursos da AGACAL en Monforte

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos acolle nos próximos días varios cursos sobre sustentabilidade do modelo produtivo da gandaría extensiva e sobre interpretación e manexo do Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario. O primeiro será o 20 de xuño en horario de mañá sobre a sanidade e benestar animal e a súa relación directa co rendemento produtivo da gandaría intensiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro sobre a sanidade e benestar animal aborda tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre o estudo dos principios de hixiene na produción animal. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural.

Celebraranse tamén dous cursos sobre a sustentabilidade do modelo produtivo da gandaría extensiva e a súa relevancia para o clima. As accións formativas celebraranse os días 21 e 22 de xuño, ao longo da mañá, dende as 10:00 horas ás 14:15 da tarde. Estes obradoiros tratarán teóricos e prácticos sobre o estudo da gandaría extensiva e as perspectivas de futuro con respecto ao clima e o territorio.

O 22 de xuño en horario de mañá celebrarase un taller práctico de consulta, interpretación e manexo do Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario. O obradoiro aborda aspectos prácticos sobre a consulta e manexo do devandito rexistro, así coma dos límites máximos de residuos. Os alumnos tamén manexarán un caderno de explotación así coma datos proporcionados pola Comisión Europea sobre a seguridade alimentaria no relativo a estes asuntos para a mellor comprensión da importancia de cumprir coa lexislación vixente neste eido.

Nesta páxina poden atoparse os referidos curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...