HomesociedadeAxudas de 1.500€ para a contratación do alumnado do obradoiro "Arquivo Dixital...

Axudas de 1.500€ para a contratación do alumnado do obradoiro “Arquivo Dixital TIC´s Monforte”

Para poder recibir estas axudas, as empresas deberán formalizar os contratos cos/as alumnos/as antes de que finalice o mes de xullo, e os contratos deberán ser dun mínimo de 3 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As empresas interesadas xa poden solicitar ás axudas para a contratación de alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego Arquivo Dixital- Tics Monforte, logo de que este martes 28 de xuño saíra publicada a convocatoria das mesmas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Todas as empresas interesadas en solicitar estas axudas terán ata o 18 de xullo, para formalizar as súas solicitudes.

Trátase de axudas de 1.500 euros destinadas fomentar a contratación por parte de empresas de alumnos e alumnas do módulo de “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos”, que participaron no Obradoiro dual de emprego do Concello,  e que rematarán a súa formación o vindeiro 14 de xullo de 2022.

 “Deste xeito”, sinala o Alcalde, “dende o Equipo de Goberno do Concello, dentro das nosas políticas sociais e económicas, seguimos fomentando a creación de emprego, e neste caso, para facilitar a incorporación ó mercado laboral dos alumnos que veñen de formarse no Obradoiro de Emprego da Pinguela, onde os alumnos recibiron unha interesante formación durante nove meses en Dixitalización e Arquivo, realizando unha gran labor en canto a dixitalización de documentación histórica do arquivo municipal e cultural.”

A estas axudas poderán optar entidades, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...