Homesociedade70 alumnos sobresaíntes do IES A Pinguela no curso que remata

70 alumnos sobresaíntes do IES A Pinguela no curso que remata

O alumnado do IES A Pinguela que obtivo unha media superior a 9 neste curso 2021/2022 recibiu, como todos os anos, unha matrícula co seu nome que os sinala como sobrasaíntes. Este ano ascenden a 70 e están en todos os niveis educativos, o que supón unha media do 20% do alumnado do instituto con cualificacións excelentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entregáronse tamén diplomas ós mellores expedientes de cada etapa educativa: 1º e 2º de ESO: Blanca González Rodríguez 3º e 4º ESO: Eva Martínez López. En Bacharelato: Ismael González Rois, en FPBásica o mellor expediente foi para Andrei Ramón de Matos Ceapa. Nos Ciclos Medios do IES A Pinguela o mellor expediente foi o da alumna, Ainhoa Vázquez Rodríguez, do CM Xestión Administrativa e nos Ciclos Superiores para Brais Sampayo García, alumno de Administración e Finanzas.

Recibiron un premio do centro os alumnos que na fase xeral das ABAU
conseguiron máis dun 9: Martín Álvarez e Ismael González Rois. E realizouse un recoñecemento ó gañador do primeiro concurso de ideas
creativas de negocio, Jesús Noya Beltrán.

A suxerencia da Biblioteca, entregouse un premio a Lara López Pérez, a
mellor lectora do curso 2021/22. E o premio para o alumno máis participativo foi para Felipe Alberto Romero Alvarado. Entregáronse tamén mencións ó alumnado de 1º e 2º ESO que participou no Programa de mellora da Excelencia en Matemáticas. “Todo iso nos sinala coma un centro dinámico e cheo de actividades creativas durante o ano escolar, polo que os felicitamos a todos”, conclúen desde o centro.

ÚLTIMAS

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...