HomeCulturaO ‘Carballedo máis pantonés’

O ‘Carballedo máis pantonés’

O colectivo Segredos de Pantón organiza unha actividade divulgativa para o vindeiro 20 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación cultural “Segredos de Pantón” organiza unha actividade conxuntamente coa asociación de veciños O Bubaíño de Castro, en terras de Carballedo, o vindeiro 20 de agosto.

Trátase dunha visita cultural que ten como obxectivo coñecer algo máis este municipio veciño e mesmo lugares compartidos entre os concellos de Carballedo e de Pantón. Hai 30 prazas dispoñibles, o prezo para anotarse é de 2 euros e a saída será ás 10:00 h. nun lugar por concretar.

Os lugares que se visitarán son os seguintes:

A aldea de Paradela, lugar que ten ao seu carón o antigo emprazamento da Eléctrica de Pantón.

-A igrexa románica de Santo Estevo de Chouzán

-A Grixoá.

-A igrexa románica de San Xoán da Cova.

PARA ANOTARSE

– Por teléfono ou WhatsApp, ao telf. 662-669-223 (Pte da asociación Segredos de Pantón, Lucas Vázquez).

– Por Facebook ou Instagram.

– Por correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com.

ÚLTIMAS

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da...

A Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime de alugamento

Estas vivendas forman parte dun paquete de seis vivendas que o Instituto Galego da...

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse...