HomesociedadeEntregados os diplomas do Ricra V que compartiron Pantón, Sober e O...

Entregados os diplomas do Ricra V que compartiron Pantón, Sober e O Saviñao

O obradoiro de emprego foi promovido polos concellos e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 347.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto xunto cos respectivos alcaldes. O obradoiro contou con 20 prazas e impartiu as especialidades de Montaxe e instalación de construcións de madeira, con oito inscritos, e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, na que se inscribiron doce alumnos.

O alumnado tivo acceso a un contrato de traballo durante os nove meses de duración da actividade, que incluíu formación teórica e práctica de calidade da man de expertos. “Os obradoiros teñen en conta a realidade social e económica das zonas nas que se desenvolven e se adaptan á demanda das empresas da contorna”, salientou Arias. “Ao mesmo tempo”, dixo, “realizan obras e servizos moi importantes a nivel local”.

Obradoiro Pantón clausura / Delegación Territorial

Neste caso, o programa contemplou a colocación de mobiliario urbano en diversas localizacións de titularidade municipal dos tres concellos. En Pantón acometéronse traballos de acondicionamento no Castro, o campo da festa de Ferreira, a área recreativa de Maiorga e a ruta de sendeirismo de Marce e Atán.  En Sober fixeron labores de mantemento de miradoiros como os de Pena do Conde, A Cividade, Muíños da Xábrega-Os Chancís, Santiorxo, Cadeiras e O Castelo. Polo que respecta a O Saviñao, realizaron actuacións forestais e de carpintaría na Devesa e a praza de España de Escairón e no campo de feira de Currelos.

A Consellería vén de aprobar unha partida de 504.000 euros para financiar outra edición deste obradoiro, que como novidade pasará a durar un ano. Na selección dos participantes, que se realizará a partir de agora, terán prioridade aquelas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral como mulleres, emigrantes retornados, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos ou persoas en risco de exclusión social. Na Zona Sur a Xunta destina 2 millóns de euros a financiar a posta en marcha de catro novos obradoiros de emprego, que se levarán a cabo en 11 municipios.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...