HomesociedadeComezan os Milagres en Taboada co Día do Neno e a Festa...

Comezan os Milagres en Taboada co Día do Neno e a Festa da Mocidade

Do 12 ao 15 de agosto o concello de Taboada celebra as Festas dos Milagres, este venres contarase co Día do Neno e a Festa da Mocidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Taboada celebra as súas Festas Patronais na honra á Virxe dos Milagres. Este venres celébrase o Día dos nenos e nenas, que organiza o Concello de Taboada. De  17.00 a 19.30 na rúa do Pavillón contarase con hinchables con movemento, tobogáns acuáticos, circuito de kars e festa da espuma. Nesta xornada ten lugar tamén, a Festa da Mocidade que organiza O Marrao Enxebre. Comezarase ás 18.30 con ruta polos bares. Ás 22.00 terá lugar a cea popular para ás 00.00 comenzar cos concertos a cargo de Festicultores, Unión Phenosa, Louband e Monoulious Dop. Coa camisola da festa, que se pode adquirir por 17 euros, contarase con cea, cervexa e calimocho. A verbena desta xornada correrá por conta do grupo Alba.

O sábado, día 13 celébrase o Día da Bicicleta, con saída da Alameda ás 11.00. A cita está organizada polas escolas deportivas do Concello de Taboada. Haberá misa solemne ás 12.30 e sesión vermú cos Xograres de Lemos. Pola tarde contarase co autobús de Saborea a túa Provincia e a verbena estará amenizada por Charleston Big Band e o grupo Extra.

Na xornada do domingo, día 14, comezarase ás 12.00 misa cantada pola Coral Polifónica de Taboada. A procesión e sesión vermú será coa Banda de Música de Chantada. Ás 18.30 terá lugar o partido de fútbol na Medela, entre Taboada CF e Chantada Atlético. Ás 23.30 comezará a verbena coa orquestra Ciudad de Vigo e Dj.

No útimo día, o 15 de agosto, celébrase a Festa do Óso na Medela, contando coa charanga “Era visto”, que volverá actuar pola noite. O Festival Folclórico comezarás ás 19.30 co grupo de gaitas, canto e danzas Os D´Eiquí de Taboada, Cecuc de Costa Rica, Academic Ensemble MMJ de Serbia. A cita organízaa o Concello cos D´Eiquí. 

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...