HomeDeportesVII Concentración Mototurística A Curuxa do 26 ao 28 de agosto no...

VII Concentración Mototurística A Curuxa do 26 ao 28 de agosto no Xeoparque Montañas do Courel

Despois de dous anos regresa este evento que quere contribuir a colaborar con dúas asociacións do Courel que desenvolverán actividades de reconstrución da Serra tralos incendios desde verán

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición o locutor quirogués da TVG, Sergio Delpont, pronunciará o pregón que dará inicio a una fin de semana plagada de actividades. O evento está pensado para reunir xente de diferentes idades contando desde ludoteca para os máis pequenos, unha competición con “correpasillos” á clásica competición de minimotos para adultos.

O obxectivo da organización de A Curuxa foi sempre á de presentar ao público afeccionado ás motos esta zona de Galicia que conta con grandes atractivos turísticos como Serra do Courel e a Ribeira Sacra. Un obxectivo que consideran acadado polo cantidade de persoas que repiten na súa asistencia ao evento e que senta as bases para que o evento poda seguir crecendo.

Circuíto de minimotos

Durante a fin de semana os visitantes poderán gozar nas estradas das paisaxes do Xeoparque “Montañas do Courel”. Non faltarán os concertos, capitaneados polo grupo Gin Toni´s o sábado á noite, onde o público tamén poderá desfrutar do dúo Soul and Roll e o grupo de música tradicional local “O Recanto”.

A tarde do sábado o espectáculo estará na rúa Real a cargo de dous dos mellores pilotos de Stunt Show de España: Narcís Roca e Emilio Zamora. Preinscricións en www.motoclubacuruxa.com onde tamén o público pode contribuir cunha donación a dúas asociacións do Courel que desenvolverán actividades de reconstrución da Serra tralos incendios desde verán.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...