HomesociedadeA A.V. do Saviñao solicita a retirada das antenas de telefonía en...

A A.V. do Saviñao solicita a retirada das antenas de telefonía en Mondavide.

A asociación veciñal diríxese á alcaldía despois de recibir as queixas da veciñanza pola ausencia de resposta no concello ás súas demandas de retirada das antenas de telefonía mobil próximas ás casas e que xa motivaron unha denuncia á Valedora do Pobo. A asociación considera que estas instalacións son lesivas e perigosas para a saúde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A desconfianza veciñal vén motivada pola gran cantidade de casos de cancro que se deron en varias familias do barrio”, sinalan desde a asociación. “Pode que se trate dun azar ou ben que os campos electromagnéticos teñan algo que ver, este dilema non vai ter unha resposta cintífico-pericial inmediata, nin unha certeza, pero este rexeite ás instalación xa ten un longo recorrido.”

Lembran que no 2004, coincidindo co desmatelamento doutra antena en Santalla, xa fóra solicitada a retirada da de Mondavide adxuntando unhas 150 firmas e obtendo daquela o compromiso da Alcaldía da súa retirada, cousa que nunca se executou. Posteriormente no ano 2011 a asociación veciñal reitera esta petición de retirada, coincidindo coa inmediatez da caducidade do contrato de arrendamento. “Outra negativa por resposta e a día de hoxe as antenas continúan sendo unha ameaza percibida polos veciños de Mondavide.”

A solicitude da asociación á Alcaldía recolle: información acerca da data de caducidade do contrato de dita instalación, información da cantidade percibida polo Concello polo arrendamento de dito servizo e a retirada inmediata das instalación por ser considerada polos veciños unha ameaza para a súa saúde.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...