HomesociedadeTécnicos de enfermaría denuncian ó Hospital de Monforte pola orde de recollida...

Técnicos de enfermaría denuncian ó Hospital de Monforte pola orde de recollida de residuos

"Está claro quea dirección de enfermaría e xerencia ou descoñecen as funcións atribuídas ao servizo de limpeza ou as incumpren sen remorsos", advirte o sindicato.

Publicado o

- Advertisement -

O sindicato de técnicos de enfermaría denunciou ante a inspección provincial de Traballo “a orde dada pola xerencia e dirección de enfermaría do Hospital Monforte de Lemos” en relación coa retirada de residuos na planta de medicina interna.

“Está claro que dita dirección de enfermaría e xerencia ou descoñecen as funcións atribuídas ao servizo de limpeza ou as incumpren sen remorsos“, advirte a organización, sobre unha orde dada aos técnicos en coidados de enfermaría.

Respecto diso, afirma que “nin os usuarios do centro nin os profesionais TCE poden aceptar outra opción que non sexa o cumprimento do artigo 13 do prego, que indica con toda claridade que a recollida e traslado de residuos corresponde ao persoal de limpeza“.

Insiste así en que “está claro que a atribución ao persoal TCE (Técnicos en Coidados de Enfermaría) das funcións de recollida, provisión e traslado de bolsas con residuos orgánicos contaminados, e o desbotamento de cueiros de pacientes non procede, por canto deberá ser o persoal de limpeza o encargado da recollida e traslado dos residuos sanitarios contaminados”.

A secretaria provincial do Sindicato de Técnicos de Enfermaría en Lugo, Trinidad Marín, apunta que en abril “xa se puxo esta irregularidade en coñecemento da Dirección de Enfermaría co fin de que se adoptasen medidas, sen que ata o momento se levara a cabo ningunha actuación correctiva”.

“Polo ben do usuario e a optimización dos recursos humanos que é responsabilidade dun organismo público como o Sergas, confiamos en que en breve se solucione este conflito de maneira que cada profesional realice aquelas funcións para as que está cualificado”, finaliza.

ÚLTIMAS

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcesetras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente delituosos"...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...