Homesociedade300.000€ en axudas para asociacións que dan servizos no rural

300.000€ en axudas para asociacións que dan servizos no rural

A Deputación aproba unha nova edición do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, que conta cunha dotación económica de 300.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase da segunda vez que sae esta liña de axudas de concorrencia competitiva, destinada a asociacións da provincia co obxectivo de colaborar na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas do rural.

Poderán optar a estas axudas, que oscilarán entre os 1.000 e os 6.000€, entidades asociativas, tales como asociacións e agrupacións de veciños e veciñas, comunidades de usuarios e usuarias de augas, comunidades de montes ou asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais da provincia para realizar investimentos en inmobles ou equipamentos que dean servizo á veciñanza e que fomenten e dinamicen o asociacionismo veciñal.

Entre as actuacións subvencionables estaría a adecuación do firme ou sinalización de vías públicas comunais e os seus accesos; as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais nos que a entidade desenvolve a súa actividade; adquisición de equipamentos para os locais que resulten necesarios para o funcionamento común da entidade; obras novas de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de augas comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas; construción de depósitos de auga comunitarios ou acondicionamento e recuperación dos existentes, así como das súas captacións, canalizacións e acometidas; e obras de acondicionamento e recuperación de espazos públicos comunais, fontes comunais e a súa contorna.

Lugo Termal 2022-2023

A Deputación lanza unha nova edición do programa Lugo Termal, que se desenvolverá neste ano 2022 e no 2023. Trátase da edición número 12 desta iniciativa, a través da que a institución provincial ofrece descontos a veciños e veciñas da provincia maiores de 50 anos e aos seus acompañantes para facilitar o acceso aos establecementos termais da provincia e a recibir terapias mineromedicinais.

O programa será para desfrutar nos tres balnearios na provincia: o Balneario e Termas de Lugo, o Hotel Balneario Río Pambre de Palas de Rei e o Hotel Balneario de Augas Santas de Pantón, que son os establecementos para os que, como nas anteriores edicións, se ofrecerán os descontos. sta do Goberno.

Próximamente aprobaranse as bases que regulan o programa, onde irán detalladas as prazas que haberá nesta nova convocatoria para as modalidades con estancia e sen estancia. Será despois cando se abra o prazo para que a veciñanza da provincia se poida anotar. A previsión é que o programa Lugo Termal arranque en outubro e remate en xuño, como en edicións anteriores.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...