HomesociedadeO concello de Monforte renova o material de xogo da Gardería Municipal

O concello de Monforte renova o material de xogo da Gardería Municipal

A renovación acometida polo Concello dos materiais de xogo e educativos da Gardería Municipal comprende todo tipo de elementos, que cumpren con toda a normativa actual establecida. O investimento realizado foi de 5.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, visitou este luns a gardaría onde informou de que se renovou todo o material de xogo.

O Alcalde subliña que “co inicio do novo curso académico procedemos a renovar todos os xogos da Gardería Municipal, adaptándonos así á nova normativa establecida para este tipo de xoguetes e elementos de ocio e educación, e dando solución ás necesidades actuais desta gardería”.

O Concello levou a cabo unha renovación integral dos xogos que se destinan a nenos e nenas de 0 a 3 anos. “Trátase de materiais de primeira categoría e da mellor calidade, porque queremos que os nenos e nenas usuarios desta Gardería Municipal conten cos mellores xoguetes para disfrutar no seu día a día, á vez que estimulan a coordinación, a psicomotricidade, a vista ou o tacto”, indica José Tomé.

Para a aula de 0 a 1 anos, o Concello adquiriu unha tumbona hamaca destinada ós primeiros meses de idade, e 4 pelotas flexibles, para favorecer o desenvolvemento sensorial e tactil dos bebés.

Para a aula de 1 a 2 anos, mercáronse:

  • Set de 8 pelotas sensoriais para máis de 6 meses de idade.
  • Panel de xogo “osiño”, con ampla fama de actividades manipulativas.
  • Panel de xogo “cocrodilo”, deseñado para estimular a coordinación ollo-man e as habilidade motoras, a partir de 12 meses.
  • Panel de xogo “elefante”, deseñado para estimular a coordinación ollo-man e as habilidade motoras, a partir de 12 meses
  • Surtido de 15 vehículos temáticos.
  • Lote de 30 vehículos de rodas, flexibles e brandos.

Para a aula de 2 a 3 anos, mercáronse: 24 Contas xigantes de plástico para ensartar, a partir de 24 meses e lote de 74 Kim buni, de plástico, a partir de 24 meses. Tamén se dotou de numerosos xogos o patio interior da gardaría.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...