HomeSucesosPrisión eludible baixo fianza de 2.000 euros para un detido por un...

Prisión eludible baixo fianza de 2.000 euros para un detido por un atraco en Láncara

Publicado o

- Advertisement -

A xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Sarria decretou o ingreso en prisión provisional, eludible baixo fianza de 2.000 euros, do detido polo atraco nunha sucursal bancaria.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o arrestado está acusado dun delito tentado de roubo con intimidación.

Os feitos tiveron lugar ao mediodía do xoves 6 de outubro nunha sucursal de Caixa Rural, na localidade da Pobra de San Xiao, en Láncara. A Garda Civil detivo o home que tratou de asaltar a entidade.

Tal e como relataron testemuñas presenciais dos feitos a Europa Press, os feitos tiveron lugar este xoves ao redor das 14,00 horas cando o presunto atracador entrou na sucursal cunha pistola –de balíns, aínda que simulaba ser de lume–.

O home pediulle a clave do caixeiro automático á muller que, moi nerviosa, inventou unha serie de números para gañar tempo e díxolle que os introducise el mesmo.

A muller aproveitou ese momento para fuxir e pedir axuda nun bar próximo. Alí pediu axuda aos donos do establecemento, que se puxeron en contacto co 112 e a Garda Civil. Mentres, algúns clientes saíron en busca do presunto ladrón, ao que atoparon nunha leira próxima.

Foi a propia traballadora da sucursal a que recoñeceu o home, maior de 45 anos, como o presunto atracador. Axentes da Garda Civil procederon á detención do home, que pasaba este venres a disposición xudicial.

O propio Concello de Láncara agradeceu a través das súas redes sociais a colaboración destes veciños, dos que destacou a súa “valentía”.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...