HomeCulturaDúas exposicións para visitar no Círculo Saviñao

Dúas exposicións para visitar no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao acolle a mostra itinerante "NO CAMIÑO, As imaxes que viron os peregrinos" e inaugurou unha exposición de fotografías de Xabier López Jordán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición itinerante “No Camiño” chega ao Círculo Cultural Recreativo
do Saviñao. A mostra recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago
ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte.

O Círculo Saviñao conta ademais cunha exposición de fotografías de Xabier López Jordán, artista afeccionado con máis de 6.500 seguidores que seguen as súas creacións na súa páxina “Lo que nuestras cámaras ven”, na que mostra tanto capturas retocadas coma outras máis ó natural.

Durante a presentación da mostra, que permanecerá aberta ata o 5 de novembro, estivo acompañado de numerosos amigos e veciños que non se quixeron perder nin as obras permanentes nin as que proxectou durante o acto. É a segunda vez que este veciño do Saviñao amosa no Círculo as súas fotografías.

Inauguración exposición Xabier López Jordán / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...