HomeCulturaA Deputación de Lugo 'comprometida' coa Fundación Uxío Novoneyra

A Deputación de Lugo ‘comprometida’ coa Fundación Uxío Novoneyra

O Presidente, José Tomé Roca, visitou este xoves 13 de outubro a sede da Fundación Uxío Novoneyra, en Parada de Folgoso do Courel, xunto ao secretario da entidade e fillo do poeta lucense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé Roca, que dixo ser o primeiro mandatario provincial en visitar as instalacións da Fundación Uxío Novoneyra, recoñeceu que “é un pracer visitar por primeira vez esta casa que a familia de Uxío Novoneyra recuperou para dar a coñecer o patrimonio e a súa historia”. “Ademais, traballan para a recuperación da paisaxe ou o impulso de actividades culturais, onde se dá a coñecer a historia e a cultura labrega”, afirmou.

“A recuperación do noso patrimonio é moi importante porque, se isto se perde, nuns anos ninguén saberá o que había nin coñecerá a historia que hai detrás. Por iso, dende a Deputación valoramos o traballo diario desta entidade e seguiremos colaborando. Isto forma parte da nosa historia”, subliñou José Tomé.

O traballo da entidade foi recoñecido na primeira edición dos premios á excelencia turística da provincia convocados polo Consello de Turismo no ano 2020. Así mesmo, a institución provincial achegou no 2021 a cantidade de 16.500 € á entidade cultural, subvención que permitiu a contratación de tres técnicos a media xornada. Este ano inviste 20.000 € a través doutra subvención nominativa da área de Cultura.

Uxío Novo, fillo do senlleiro poeta lucense Uxío Novoneyra, celebrou a visita do Presidente e destacou que “despois de anos de traballo na protección e conservación do legado de Uxío Novoneyra estamos orgullosos de poder render contas e amosar o resultado de 12 anos de colaboración permanente”. O secretario destacou que o apoio provincial permitiu á fundación Uxío Novoneyra ser “unha entidade innovadora dentro do patrimonio cultural do noso país”.

Durante a visita, José Tomé, asinou no Libro de Honra da entidade.

ÚLTIMAS

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...

‘II Certame de Relatos Manuscritos’ organizado por Peruchela Edicións

Despois do éxito colleitado na primeira convocatoria, o pasado ano, Peruchela Edicións vén de...

Exposición, curso de pintura rápida e estrea documental no Centro Comercial Ponte Vella

O artista plástico Leandro Sánchez Bobillo, pintor mallorquino afincado en Ourense desde hai máis...

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por...