HomePolíticaO PP de Monforte asegura que a rede de sumidoiros está atascada...

O PP de Monforte asegura que a rede de sumidoiros está atascada e avisa de inundacións ao producirse choivas intensas

Os populares aseguran que revisaron o estado da rede de sumidoiros tanto no centro da cidade como na periferia e comprobaron que están nun estado deficiente, tupidos polas herbas e pola sucidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, lembra que “neste ano, tras dúas intensas tormentas, houbo en Monforte inundacións nas principais rúas da cidade”. Como consecuencia, explican os populares, aflorou á superficie, é dicir, a calzadas e beirarrúas “sucidade solidificada e ata ratas mortas”. Varela sinala: “O alcalde manifestou que as inundacións debéronse as fortes choivas e que os sumidoiros estaban limpos”. Fronte a esta afirmación, sinala a portavoz do PP, “procedemos a revisar os sumidoiros en diferentes rúas da cidade e comprobamos que o seu estado é lamentable”.

O PP atopou deficiencias en sumidoiros tanto no mesmo centro, como Hortas e Santo Domingo e noutras como a Rúa Abeledos. Tamén están mal, por citar outros casos, en Piñeira e no barrio da Estación.

Varela afirma: “É necesario que o goberno local se tome en serio o problema das infraestruturas hidráulicas e planifique accións a curto, medio e largo prazo para acometer as melloras necesarias, tanto na rede de auga potable como na de colectores”.

Sumidoiros Monforte PP / PP de Monforte

ÚLTIMAS

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...