HomesociedadeTomé visita a renovación da estrada de Pedrafita a Seoane

Tomé visita a renovación da estrada de Pedrafita a Seoane

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras de renovación da estrada provincial de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, a LU-P-1301, á que a institución leva destinado preto de 1M€ nos últimos tres anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación xa rematou as obras correspondentes ao tramo do quilómetro 10,700 ao 12,591, ás que destinou 245.000€; e do punto quilométrico 8,670 ao 10,700, cun orzamento de 300.000€; e adxudicou as do tramo do quilómetro 7,350 ao 8,670 por 275.000€; tentando completar neste mandato os 6 quilómetros que estaban pendentes de acondicionar

Mellórase a seguridade e a comodidade da estrada con actuacións que consisten no ensanche da estrada, así como en tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. Ademais, colócanse balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade. Tendo en conta que as actuacións se fan na súa totalidade nunha zona que pertence á Rede Natura 2000 dos Ancares, búscase realizar unha actuación cun impacto medioambiental mínimo.

O Presidente destacou a importancia destas obras porque se trata dunha estrada moi empregada polos veciños de Pedrafita, do Courel e de toda a zona da Montaña. Polo tanto, “estamos mellorando os servizos do rural e contribuíndo ao tan necesario equilibrio territorial”, asegurou José Tomé, quen lembrou que a Deputación de Lugo leva investidos desde o inicio deste mandato máis de 14M€ en infraestruturas viarias na comarca da Montaña a través de varias liñas de actuación, o que “reflicte o claro  compromiso que temos coa mobilidade”.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...