HomesociedadeA árbore de Nadal de Albores viste con reciclaxe a entrada do...

A árbore de Nadal de Albores viste con reciclaxe a entrada do concello de Monforte

Un ano máis a asociación Albores elaborou a árbore de Nadal que adorna o interior da Casa do Concello de Monforte de Lemos e que permanecerá nesta ubiación ata despois de reis.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como en todas as ocasión o traballo está feito con materiais reciclados, aproveitando o momento para lembrar a importancia de coidar do noso medio ambiente. Neste caso, empregaron principalmente cartóns de ovos, tanto para facer a árbore coma os agasallos e as guirnaldas que penduran das escaleiras.

Cada ano, a árbore ten aos seus pés unha mensaxe de esperanza para toda a cidadanía: “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”, frase de Eduardo Galeano, é a reflexión que nos deixa esta vez.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...