HomePolíticaO exconcelleiro, José Luis Rivera, encabeza IxQ, Independentes por Quiroga

O exconcelleiro, José Luis Rivera, encabeza IxQ, Independentes por Quiroga

O hoxe ex-concelleiro quirogués, José Luis Rivera confirmou que se presentará ás eleccións municipais do próximo mes de maio cunha lista independente, o nome escollido para esta agrupación é "IxQ (Independentes por Quiroga)".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rivera vinculado á Agrupación de Gaitas San Martiño de Quiroga, á Feira do Viño de Quiroga ou ás festas de Quiroga durante varias décadas, tamén formou parte da directiva de diversas asociacións. Empregado de banca, agora xa xubilado decide presentarse como cabeza de cartel nas eleccións municipais do 2023.

“Xa temos pechados varios integrantes para a nosa candidatura” apunta Rivera e “nos próximos meses iremos desvelando nomes, son persoas que se incorporan á política con ilusión e ganas de traballar polo noso pobo, veciños de todas as idades, representativas da sociedade quiroguesa.”

“Independentes por Quiroga nace como un partido trasversal centrado única e exclusivamente nos intereses dos veciños/as, buscando outro xeito de facer política, estamos integrando persoas de todas as sensibilidades, facendo que as diferencias non sexan as que nos separen senon as que nos unan. Neste proxecto hai espazo para todos, é un proxecto integrador buscando fundamentalmenete: o asentamento da poboación máis nova,  a igualdade de oportunidades e a liberdade e a convivencia pacífica”, sinala.

quiroga

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...