HomesociedadeDesde o 16 de xaneiro suspéndense os aparcamentos en Curros Enríquez de...

Desde o 16 de xaneiro suspéndense os aparcamentos en Curros Enríquez de Monforte por obras de abastecemento

A Policía Local procederá a colocar a correspondente sinalización e informar ós veciños da rúa mediante carteis, da prohibición de aparcar na mencionada rúa, a ambos lados da mesma. A previsión é que os traballos se desenvolvan o longo de toda a próxima semana. Tamén se prevé que poida haber algún corte ó tráfico de vehículos, pero en momentos moi puntuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o vindeiro luns, 16 de xaneiro, non será posible utilizar os aparcamentos laterais da rúa Curros Enríquez, debido ós traballos de instalación da nova tubaxe na rede xeral abastecemento de Monforte. A actuación lévase a cabo nunha rúa de titularidade municipal que non require permiso doutras administracións, tan só do concello monfortino, o que permite axilizar e avanzar nos traballos de instalación de dita tubaxe.

O Alcalde, José Tomé Roca, salienta que “esta actuación, que sigue o seu curso tras ser iniciada no pasado mes de novembro, supón un antes e un despois na mellora da rede xeral de abastecemento de auga de Monforte”, e recorda que “con esta obra resolveremos un problema moi importante, xa que vai garantir que Monforte non se quede sen auga potable”.

Obras de instalación da nova tubaxe na rede xeral abastecemento

Estes traballos iniciáronse a finais do pasado mes de novembro de 2022, e consisten na dotación dunha nova tubería xeral de fundición na rede de abastecemento de auga, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente, cun investimento de 1,7 millóns de euros.

O inicio das obras tivo lugar na zona do Campo de fútbol de Ribasaltas e avanza en dirección á cidade, desenvolvéndose por tramos. O proxecto que acomete Aqualia denomínase “Desdobramento da rede xeral da distribución de Monforte” e consiste na construcción dunha nova tubería xeral na rede de abastecemento, de fundición, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente.

“Deste xeito, teremos desdoblada a Rede Xeral de Abastecemento, dado que teríamos 2 tubaxes, a actual e a nova tubaxe, e así evitamos as reiteradas roturas na actual tubaxe de fibrocemento, xa que a nova de fundición é moi difícil que teña unha avaría deste tipo”, explicou no seu momento o Alcalde.

ÚLTIMAS

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...