HomeEconomíaO Polígono do Morelle en Sarria mellorou a súas infraestruturas viarias con...

O Polígono do Morelle en Sarria mellorou a súas infraestruturas viarias con 150.000€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitou este venres o polígono do Morelle en Sarria, onde mantivo un encontro con empresarios da zona e visitou as diferentes melloras realizadas en obras viarias neste parque empresarial, nas que o Concello de Sarria mobilizou preto de 150.000 euros co apoio da Administración autonómica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O responsable de Economía, Industria e Innovación puxo en valor a colaboración institucional para captar novos investimentos cara ao tecido industrial galego. Neste eido, a Xunta destina este ano 5,6 millóns de euros en axudas para a mellora e modernización dos parques empresariais, e dentro destes apoios, ata o 2 de febreiro está aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos, á que a Administración autonómica destina un total de 2,1M€. Esta liña ten como obxectivo dar resposta ás novas necesidades que teñen estas instalacións co obxectivo de modernizalas e ofrecer un mellor servizo para favorecer a fixación e implantación de compañías, así como promover o emprego local.

Os apoios son de concorrencia competitiva e están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde.

As axudas teñen unha intensidade do 80% ata un límite máximo de 120.000 euros no caso de solicitudes individuais e de 138.000 no caso de que sexan conxuntas. Prevense, ademais, anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Na selección de proxectos teranse en conta criterios como se é Concello Emprendedor.

Xunto con estas axudas, o Goberno galego seguirá executando en 2023 os apoios concedidos a maiores -por importe de 3,5M€- para a posta en marcha de sete viveiros industriais e para o reforzo e extensión das redes de distribución de tres polígonos.

Polígono do Morelle visita F. Conde / Consellería de Economía

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...