HomePolíticaSarria incrementa a aportación á residencia Nosa Señora do Carme para pasar...

Sarria incrementa a aportación á residencia Nosa Señora do Carme para pasar de 31 a 47 traballadoras

O proxecto de orzamento da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme elaborado polo goberno local para o exercicio de 2023 incrementarase ata 1,5 millóns de euros "coa finalidade de mellorar o funcionamento do centro e a atención aos residentes, principalmente a través do incremento do número de traballadoras e da adquisición de novo equipamento."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na previsión de ingresos da residencia, a proposta orzamentaria cifra en 1,17 millóns de euros a contía que aportarán os usuarios a través do pagamento dos prezos públicos, xunto con outros 4.500 euros pola prestación de servizos asistencias de acompañamento aos residentes. A maiores, o Concello de Sarria achegará 353.000 euros ao organismo autónomo para completar os ingresos.

No apartado de gastos, o concelleiro responsable da xestión da residencia, Félix Seijas, destaca o incremento no capítulo de persoal, que ascende a 1,1 millóns de euros e que “permitirá pasar de 31 a 47 traballadoras para cumprir as ratios que establece a Xunta de Galicia, o que redundará nunha mellora substancial da calidade asistencial”.

Os gastos correntes en bens e servizos serán de 423.000 euros, sendo as partidas máis relevantes as de produtos alimenticios (140.000 euros); maquinaria, instalacións técnicas e utensilios (80.000 euros), produtos de limpeza e aseo (25.000 euros) e gastos en enerxía eléctrica, gas e combustibles (67.000 euros).

Félix Seijas tamén anticipou que a Comisión Especial de Contas convocada para este venres ás 13.30 horas abordará unha modificación da ordenanza reguladora do prezo público do servizo de atención residencial, que terá un custo de referencia de 1.460 euros para as persoas dependentes e de 1.125 euros para as non dependentes. “O obxectivo é establecer prezos públicos que sexan socialmente xustos, porque ata agora había custos fixos en función de se os usuarios eran válidos, semiválidos ou
asistidos, sen ter en conta o seu nivel de renda. A partir de agora pretendemos que para o cálculo do custo para os residentes se realice en función dos seus ingresos e do seu patrimonio, asumindo a parte restante o concello a través da fórmula do copago”, argumentou Félix Seijas.

ÚLTIMAS

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...