HomesociedadeMonforte sancionará, con entre 20 e 100€, o incumprimento dos horarios de...

Monforte sancionará, con entre 20 e 100€, o incumprimento dos horarios de depósito do lixo

Ante as queixas continuadas plantexadas por algúns veciños, contra persoas que depositan o lixo en horarios inadecuados e as molestias que tales comportamentos ocasionan, como producir olores desagradables, o Concello de Monforte comezou a aplicar sancións polo incumprimento dos horarios para o depósito dos desperdicios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concellería de Medio Ambiente lembra á veciñanza a obriga que teñen todos os monfortinos de cumprir coa Ordenanza Xeral de protección medioambiental. O artigo 63 da mesma, adicado a Recipientes normalizados, explicita os horarios para depositar o lixo así como as normas para facelo. Tal e como se pode extraer do contido do mesmo, as normas de cumprimento obrigado para todos os veciños de Monforte con respecto ó deposito do lixo son as seguintes:

1. Deberán depositar os residuos nos recipientes normalizados que, o persoal do vehículo contedor, baleirará no camión.

2. O lixo e desperdicios depositaranse en bolsas pechadas e non poderán ser deixadas nos contedores ou na vía pública, antes das 19:00 horas.

3. Prohíbese depositar o lixo nas datas que o Concello indique como inhábiles do Servizo, o que se comunicará coa antelación precisa.

De haber denuncias dos servizos técnicos e dos axentes da Policía Municipal, en relación co incumprimento das normas enumeradas, o Concello incoará de oficio os correspondentes expedientes sancionadores. Depositar o lixo e os desperdicios sen bolsa nos condenadores ou na vía pública, así como depositalos fora do horario autorizado, constitúe unha infracción leve que pode ser castigada cun apercibimento e multa de entre 20 e 100 euros.

O Concello quere insistir ós cidadáns sobre a obriga de respectar as normas explicadas, nun intento de mellorar a convivencia entre veciños, evitar olores desagradables nas rúas e manter a cidade limpa e libre de lixo para o desfrute de todos.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...