HomePolíticaO PP de Monforte critica a externalización de servizos no concello

O PP de Monforte critica a externalización de servizos no concello

Os populares monfortinos afean a Tomé que adxudique a unha UTE de empresas de Málaga a recadación de tributos en vía executiva e a xestión administrativa e recadación das multas de tráfico. A portavoz do PP, Katy Varela, sinala que, "co importe destinado a dita externalización, o Concello podería contratar directamente ao persoal necesario para as citadas tarefas."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Katy Varela explica: “Acábase de asinar o contrato para a xestión recadatoria municipal en período executivo e para a xestión administrativa e recadación das multas de tráfico. Co importe desa adxudicación poderíase contratar directamente a xente para ocuparse desas tarefas sen ter que externalizar o traballo a través dunha empresa con sede en Málaga”.  Indica que as empresas que asinaron o contrato son, como UTE, Consultoría SA e Tráfico y Movilidad Segura SL.”.

Varela sinala: “Para nós é unha evidencia máis da mala xestión dos recursos tanto persoais como económicos que leva a cabo este equipo de goberno, ao externalizar unha tarefa que se podería levar a cabo de forma interna polo Concello”. Explica que o mesmo sucedeu coa externalización da xestión do turismo na cidade, “un contrato por un importe parecido, e unha xestión que sen dúbida sería máis eficiente levala a cabo directamente polo Concello”.

No PP lembran “o anuncio feito recentemente da oferta de emprego para contratar unha persoa que se encargará soamente do equipo de videovixilancia”. Os populares non entenden “que unha persoa só teña encomendada esta tarefa”.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...