HomesociedadeA modernización da estación de tren de Monforte obriga a transportar viaxeiros...

A modernización da estación de tren de Monforte obriga a transportar viaxeiros por estrada desde este sábado

Os medios de transporte alternativos estarán habilitados do 25 de febreiro ao 2 de abril

Publicado o

- Advertisement -

As obras de modernización da estación de tren de Monforte de Lemos obrigará a Renfe a habilitar medios de transporte alternativos por estrada entre este sábado, 25 de febreiro, e o próximo 2 de abril.

Segundo explica o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), as actuacións “non son compatibles coa subida e baixada” de pasaxeiros nesta terminal. Iso si, a circulación de mercadorías mantense entre as 7,00 e as 21,00 horas.

As obras na estación suporán o inicio dunha nova fase de traballos para modernizar a liña Ourense-Monforte-Lugo. En concreto, consistirán na construción dun paso inferior entre as plataformas 1 e 3, complementado con ascensores, o que mellorará a interoperabilidade, a accesibilidade e as condicións de seguridade para os viaxeiros.

Así, entre este sábado e o 2 de abril, cando se prevé recuperar a subida e baixada de pasaxeiros na estación, Renfe habilitará un plan alternativo de transporte por estrada para que poidan chegar aos seus destinos correspondentes dos servizos afectados en Media Distancia, Rexionais e Longa Distancia. Máis concretamente, haberá modificacións nas conexións de Galicia con Cataluña, Ponferrada e León, ademais dos trens que unen A Coruña con Ourense e Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...