HomesociedadeVI Carreira da Muller "Vivas e Iguais", o día 11 de marzo...

VI Carreira da Muller “Vivas e Iguais”, o día 11 de marzo en Sarria

O Concello de Sarria abre o prazo de inscrición para participar na sexta edición da Carreira da Muller “Vivas e iguais 2023”, que se disputará o sábado ,11 de marzo, a partir das 18.00 horas para os/as corredores/as da modalidade 5K e a partir das 18.10 horas na modalidade de andaina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proba absoluta correrase sobre un circuíto de asfalto e sendeiros de area de cinco quilómetros de lonxitude, mesturando zona urbana e natureza, e con apenas desnivel. A saída situarase no bulevar da rúa da Liberdade, á altura de Catro Camiños en dirección a Samos, para despois xirar á dereita pola rúa Castelao e, no cuartel da Garda Civil, seguir cara Ponte das Aceas, para logo volver pola zona do campo de fútbol ata a estrada de Monforte. Desde alí, voltarase de novo á rúa Castelao, seguirase cara ao pavillón, a piscina e cruzarase a zona do Hotel Alfonso IX ata atopar a meta no Malecón.

A inscrición é de balde e poderá realizarse ata o día 9 de marzo a través das páxinas web www.championchipnorte.com e www.sarriacorre.com. Os/as primeiros/as 500 inscritos recibirán como agasallo unha camiseta técnica coa imaxe do evento.

Na modalidade de 5K recibirán un trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as masculino e feminino dos seguintes grupos: Junior (12 a 15 anos), Promesa (16 a 19 anos), Sénior (20 a 34 anos), Máster 1 (35 a 44 anos), Máster 2 (45 a 54 anos), Máster 3 (55 a 64 anos) e Máster 4 (de 65 anos en adiante)

ÚLTIMAS

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...

Activación da rede de nova xeración 4G e 5G e atención de incidencias que afecten á sinal da TDT

Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede de nova xeración 4G e...

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...