HomesociedadeMonforte presenta o proxecto de reparcelación da "Zona D"

Monforte presenta o proxecto de reparcelación da “Zona D”

A zona D ten forma de rectángulo recortado, inclúe os terreos que están ubicados entre o Paseo do río, as traseiras dos edificios da Rúa Avda. de Galicia, as traseiras dos edificios da Rúa Cardenal e unha pequena parte do Parque dos Condes que se corresponde co lugar onde está ubicado o muro de peche e a pérgola.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca dá a coñecer o proxecto de reparcelación da “ZONA D”, que se corresponde cos terreos ubicados no centro da cidade inmediato ao Rio Cabe, e enfrente do Colexio da Compañía. Suma unha superficie de 3.274 m2 pertencentes a 33 propietarios coñecidos dos que o Concello ten datos, máis os herdeiros dunha situación indivisa que se descoñece cantos son, máis a unha comunidade de garaxe.

José Tomé explicou que unha vez rematadas as obras da Zona C, “o Equipo de Goberno vai a comezar a tramitación doutro ámbito territorial, próximo ao anterior, co convencemento de que lle vai a dar unha nova imaxe a esa zona de Monforte, poñendo en valor un espazo que neste momento está en parte degradado, que coincide coas traseiras do edificio do Banco de Bilbao e do edificio do supermercado Árbol”.

O rexedor explicou que esto vai a permitir eliminar unha pequena bolsa de maleza e abrir un novo vial que comunica a Rúa Cardenal co Paseo do río e que vai a xerar novas parcelas para edificar con baixo impacto, engádese tamén unha zona verde.

O proxecto de reparcelación vaise aprobar na Xunta de Goberno do próximo luns e vai ter un custe de 376.744,67€ , que se financiarán con fondos propios municipais. Esta actuación afecta a 4 parcelas de a lo menos, 35 propietarios, ao que lle hai que sumar unha zona de terreo público. A propiedade do terreo afectada correspóndese con 1932 m de suelo privado e 1342m de terreo publico dos cales 791 correspóndense coa tira do zona verde pegada ao muro de peche cunha lonxitude de 41,5 m e 561 m do vial que descurre fronte á pérgola.

Cando a urbanización estea rematada o reparto dos novos terreos serán:

  • Zonas verdes: 541 M2
  • Viales: 1.550M2
  • Edificables: 1.182,95M2 dos cales 1.126 poden dar lugar a baixos e 3.958 a uso de vivenda.
  • As alturas modificables serán de baixo + 3 na zona que linda co Banco de Bilbao, e de baixo+ 1 na zona que linda co Paseo do río.

Tomé rematou a presentación, co desexo de que os propietarios cooperen co Concello para levar as obras a cabo o antes posible e que poidan estar rematadas, no horizonte do próximo ano 2024. Tamén remarcou o seu convencimento de que de que “a Zona D resultará moi ben acollida polos veciños e veciñas de Monforte, tendo en conta a excelente experiencia vivida coa Zona C  a pesar de que o ámbito de actuación é mais reducido pero non menos importante pola zona á que afecta.”

ÚLTIMAS

Quiroga acolle a exposición  “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”

A mostra, que pode visitarse na Praza de España ata o 16 de setembro,...

A cuarta campaña arqueolóxica en Penas do Castelo revela novos achados con importante información

A campaña arqueolóxica en Penas do Castelo, parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón)...

Monforte acolle este 7 de setembro o XXIII Festival de Habaneras

O Festival de Habaneras alcanza as 23 edicións avalado polo éxito de público das...

Augas Mestas segue sen funcionar e o PP culpa a PSOE e BNG de “non ser capaces de manter o herdado”

Os deputados populares Antonio Ameijide e Luis Fernández visitaron esta semana o complexo turístico...