HomeCulturaA obra de Manuel Jorge pode verse durante esta fin de semana...

A obra de Manuel Jorge pode verse durante esta fin de semana de Feira do Viño de Chantada

A Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada abrirá as portas da súa sede na Praza Santa Ana de Chantada o sábado 10 e domingo 11 de marzo ofrecendo por vez primeira a posibilidade de adquirir litografías da colección do autor chantadino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra de Manuel Jorge asómase de novo á fiestra durante a que será a corenta edición da Feira do Viño de Chantada, na que a Asociación que xestiona o seu legado abrirá as portas da súa sede no número 8 da Praza de Santa Ana para amosar cadros e presentar un avance do museo do pintor chantadino.

O público poderá coñecer a obra de Manuel Jorge e o proxecto de conservación e difusión da súa obra, así como adquirir catálogos e incluso litografías de series numeradas, sendo a primeira vez que a súa obra se pode adquirir en Galicia.

O horario de apertura do local será de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas o sábado e de 12 a 14 horas o domingo. Ese mesmo día, pola tarde, faranse visitas baixo reserva para o que se poderá escribir a través das redes sociais do colectivo ou escribindo a manueljorgechantada@gmail.com

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...