HomesociedadeNovas confirmacións no Trece Roeis Fest 2023: SFDK, Lamatumbá, Monoulious DOP, Sofía...

Novas confirmacións no Trece Roeis Fest 2023: SFDK, Lamatumbá, Monoulious DOP, Sofía Espiñeira, Lucía Aldao e Enxeito

No segundo avance, a organización desvela 6 grupos máis que se suman a Reincidentes, Catuxa Salom, Festicultores Troupe e Tregua e que tocarán os días 18 e 19 de agosto no Trece Roeis Fest, festival de referencia e sen ánimo de lucro da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Trece Roeis Fest retorna a Pantón os días 18 e 19 de agosto, aos 4 grupos anunciados no primeiro avance de febreiro, que eran Reincidentes, Catuxa Salom, Festicultores Troupe e Tregua súmanselle, neste segundo pero non derradeiro avance, a banda de rap sevillano SFDK, na súa única data confirmada nun festival galego neste 2023, ano que tamén coincide co lanzamento do seu novo traballo Inkebrantable.

A volta de Lamatumbá tamén se poderá gozar no festival pantonés despois de máis de 10 anos fóra dos escenarios. O ambiente festeiro de quen fixo un himno do licor café, non decaerá, pois os Monoulious DOP, que veñen de presentar o Disco Disko, tamén estarán no Trece Roeis Fest 2023. Súmanse ao segundo avance, as voces galegas de Sofía Espiñeira e Lucía Aldao e o grupo funk e gañador da Batalla de Grupos 13R, Enxeito, pechan o segundo avance do festival.

A venta de entradas está habilitada a través da súa páxina web www.treceroeisfest.com e, coma outros anos, ofrécese acampada libre e de balde. Coma noutras ocasións, o festival conta coa colaboración de: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Pantón, Daveiga, Torre de Núñez, Gadis, Mahou, Regina Viarum, Rectoral de Amandi, Destilados N°0, Reizentolo e Abante.

ÚLTIMAS

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...