HomesociedadeSarria inviste máis dun millón na mellora da rede viaria

Sarria inviste máis dun millón na mellora da rede viaria

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, visita as obras de mellora con aglomerado en quente das rúas Barreiros, Cantalarrana e Sol, en Oural, que supoñen un investimento de 55.000 euros e que forman parte dun conxunto de proxectos de mellora da rede viaria con fondos propios e do Plan Único nos que o goberno local está a investir máis de 1,1 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partida máis contiosa (281.000 euros) destinouse á renovación do pavimento con aglomerado en quente nos sete quilómetros da estrada de Oural a Vilamaior, executado pola empresa Probisa Vías y Obras. A mesma empresa acometerá a rexeneración doutras tres pistas municipais: o acceso a Barbadelo desde a estrada LU- p-5709 na Serra (100.000 euros), o acceso a Cedrón desde a estrada LU-P-5713 por Piñeira (101.000 euros) e o acceso a Vilerma (Maside) desde a estrada LU-633. Pola súa parte, a renovación do firme da pista de acceso a Perruscallo, na parroquia de Belante, será executado por Grupo Bascuas 2008 (60.000 euros), empresa que xa acometeu a finais do pasado mes de novembro a mellora con aglomerado en quente dos viais nos núcleos rurais de Manán, Rubín e Ferreiros (156.000 euros).

O alcalde tamén anunciou que outro proxecto de próxima execución, correspondente ao Plan Único 2022, e que será executado por Adecón Obras y Servicios por 141.000 euros inclúe a mellora de oito accesos a núcleos: Santo Estevo de Requeixo, Frades, Lousadela, Sisto e Domiz (Meixente), San Martiño de Rente (Barbadelo), Corvelle e Aguiada-Castro dos Petos (San Mamede do Camiño).
Outros 11 viais municipais serán mellorados pola firma Jesús y Páramo dentro dun proxecto de rexeneración de pistas adxudicado en 136.000 euros: Santa Marta de Ortoá, Lier-Pintín, Rosende-Arxevide, Abuín-Vilanova, San Saturniño, Vilaesteba, A Esperanza (Oural), O Real (San Fiz de Reimóndez), Vilarrairo, Seteventos-Toldaos e Betote.

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...