HomeDeportesAs promesas do Club Quixós volven de Salvaterra de Miño con 10...

As promesas do Club Quixós volven de Salvaterra de Miño con 10 medallas

Competiron o pasado domingo, 26 de marzo, na 2ª Copa Galega Promoción Slalom que se disputou en Cordeiro, nun tramo do río Tea.

Publicado o

- Advertisement -

O Club Quixós de Monforte non para de amorear éxitos. O máis recente foi este pasado domingo en terras de Salvaterra de Miño onde competían as promesas do piragüismo monfortino na 2ª Copa Galega Promoción Slalom.

Nesta segunda proba do calendario que se celebraba no río Tea, no lugar coñecido como Cordeiro, no concello de Salvaterra do Miño, as e os deportistas chegados dende Monforte acadaron un total de 10 medallas individuais e un primeiro posto por equipos.

Podium cuberto polo Quixós na categoría C1 masculino. Foto: XMF

MEDALLEIRO

No que respecta á participación en canoa os resultados con pódium monfortino foron os seguintes:

En C1 home alevín, triplete do Quixós. Xoel Fernández Méndez foi medalla de ouro, prata para Rodrigo Morillo e bronce para Lucas Pavón.

En C1 home infantil, Martín Prats levou unha prata; e en C1 muller infantil o mesmo metal para Sara Inés Varela.

En kayak tamén hai que salientar uns bos resultados co conseguinte medalleiro:

En K1 home benxamín, Antón Liñares quedou primeiro, mentres que en K1 alevín, Xoel Fernández foi prata e Rodrigo Morillo, bronce.

En K1 home e muller infantil os primeiros postos foron para Martín Prats e Sara Inés Varela respectivamente.

Sara Inés Varela, piragüista do Quixós que acadou 2 medallas. Foto: XMF

Os resultados anteriores fixeron posible que o Club Montaña Quixós quedara como primeiro clasificado nesta 2ª Copa Galega Promoción Slalom.

Santi Díaz, director deportivo do Quixós, no alto do podium para recoller o trofeo por equipos. Foto: XMF

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...