HomesociedadeO Centro de Artesanía e Deseño formará a 16 futuros artesáns

O Centro de Artesanía e Deseño formará a 16 futuros artesáns

Ofreceranse 3 cursos de Ebanistería, Iniciación á Luthería e Iniciación á Encadernación. Estas actividades, abertas a todos os interesados, teñen por obxectivo a promoción de oficios tradicionais e artesanais.

Publicado o

- Advertisement -

Os cursos, para 16 persoas, desenvolveranse entre o 2018 e o 2019. O seu obxectivo principal é formar a futuros artesáns profesionais, que poidan obter a carta de artesán e abrir unha nova porta a afeccionados, así como a futuros profesionais do sector.

O curso de Iniciación á Ebanistería e o de Iniciación á Luthería, de 500 horas de duración cada un, comezarán o 12 de novembro e finalizarán o 6 de xuño e o 30 de abril de 2019 respectivamente. Dispoñen de 12 prazas, 6 prazas para cada curso. As sesións serán de luns a xoves, 9:00 a 14:00 horas para o de Ebanisteria, e de luns a venres, tamén de 9:00 a 14:00 horas para o de Luthería.

O curso de Iniciación á Encadernación, de 52 horas de duración, dispón de 4 prazas. Comezará o 11 de decembro e rematará o 7 de febreiro. As clases impartiranse, en horario de mañá, de martes a xoves de 10:00 a 13:30 horas

O prazo para as inscricións comeza este xoves 25 de outubro ata o 8 de novembro. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poderán facer as súas solicitudes a través da páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, premendo na área de cultura, na que se habilitará un banner para facer a reserva de prazas. Para obter máis información, pódese chamar ao teléfono 982 21 00 66 ou en info.centrad@deputacionlugo.org

 

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...