HomesociedadeO santuario de Guadalupe no Saviñao poñerase en valor coa axuda da...

O santuario de Guadalupe no Saviñao poñerase en valor coa axuda da Deputación

Este mércores, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou este templo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), e recolleu as inquietudes da veciñanza, que pretende restablecelo e poñelo en valor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O santuario de Guadalupe é unha capela construída no século XVIII no Saviñao e considerada un exemplo singular dos santuarios de culto marianos que se construíron durante o período barroco na Ribeira Sacra. “Este é un ben patrimonial de moito valor, polo que supón a nivel cultural e artístico, pero tamén polo que ofrece ao entorno da Ribeira Sacra”, destacou García Porto, quen defendeu ademais que, polos danos provocados pola falta de mantemento, a súa rehabilitación é “imprescindible para poder aproveitar todo o seu potencial como atractivo turístico no concello e na comarca”.

Subliñou tamén o compromiso da institución provincial con este templo, situado no entorno do val do Miño, e que conta tamén cun importante valor social polo que supón para os veciños e veciñas do Saviñao. A Deputación de Lugo investiu máis de 2,5M€ desde o ano 2019 neste concello, a meirande parte estivo destinada a mellorar as infraestruturas, o fomento do emprego e reforzar as políticas sociais.

Situado na parroquia de San Vitorio de Ribas de Miño, o santuario de Guadalupe ten unha construción na que predomina o granito, ten unha planta rectangular de cruz latina e sobre a súa fronte érguense dous campanarios. No seu interior hai un retablo maior e dous retablos laterais da época barroca que xa perderon parte da súa policromía.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...