HomesociedadeCase 200.000€ para a mellora de estradas provinciais no Saviñao

Case 200.000€ para a mellora de estradas provinciais no Saviñao

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de adxudicar tres proxectos en estradas provinciais ao seu paso polos concellos do Saviñao e de Monterroso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso do Saviñao, a Deputación actuará na LU-P-4102, que une Ferreira con Currelos, cun investimento que supera os 112.000€. As obras afectarán ao treito que vai dende o punto quilométrico 10,9 ao 14,7, e terán un prazo de execución de 2 meses. Estes traballos dan continuidade a outros que a Deputación executou nesta mesma vía neste mandato cun investimento que supera os 300.000€ para mellorar os 3 primeiros quilómetros da estrada e o treito que vai dende o punto quilométrico 3,7 ó 6,1.

“Con esta nova adxudicación, falamos de que a Deputación destinou máis de 410.000€ á mellora desta estrada entre Ferreira e Currelos e dá acceso a servizos fundamentais da localidade, como o centro de día, a gardería ou o tanatorio, ademais de ser a vía que une Pantón con Escairón”, explicou García Porto.

Tamén no Saviñao, quedou aprobada a adxudicación de obras de mellora na LU-P-5802, que vai dende Porto ata Córneas polo Casar, cun investimento de 70.000€. Nesta estrada a Deputación renovará o treito que vai dende o punto quilométrico 6,4 ao 8,02. O prazo de execución é de 2 meses.

ÚLTIMAS

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...