HomePolíticaClaudio Garrido asegura que a xestión do IBI estaba delegada á Deputación...

Claudio Garrido asegura que a xestión do IBI estaba delegada á Deputación e considera “indecente o uso partidista que fai Tomé da devolución do imposto”

O alcalde de Sarria e candidato de Camiña Sarria nas eleccións do28 de maio, Claudio Garrido, cualifica de “politicamente indecente o uso partidista que está a facer o presidente da Deputación, José Tomé, co anuncio da devolución tan pronto como sexa posible dos cobros do Imposto de Bens Inmobles (IBI)."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Claudio Garrido considera “incrible e inaudito” que o presidente do organismo provincial aproveite a xornada da convocatoria das eleccións municipais para “tratar de enganar á veciñanza de Sarria cunha burda manobra partidista, froito da desesperación ante a debacle que lles espera o 28M, co obxectivo de tentar impulsar o novo candidato socialista, Benjamín Escontrela, que non queren nin os militantes do partido polo que se presenta”.

“Foi o propio José Tomé, que agora pretende vender como un grande logro as devolucións, quen aprobou esas liquidacións cunha resolución de Presidencia o 31 de maio de 2022”, apuntou o alcalde, antes de resaltar que “o Concello de Sarria nin chegou a ingresar eses cartos nin tiña competencias para devolvelos, ao ter delegada a xestión do imposto na Deputación”. Ao respecto, salienta que a través dun escrito dirixido desde a Alcaldía á Xerencia Territorial do Catastro o 19 de setembro de 2022 foi como se solicitou a revisión de todas as notificación de liquidacións realizadas ao abeiro do
procedemento simplificado de valoración colectiva por estar caducadas.

Garrido repróchalle ao presidente da institución provincial que, “a pesar de ter asinado un decreto o 15 de decembro de 2022 no que constataba a anulación das liquidacións do IBI de natureza urbana, eses importes cobrados pola Deputación sigan sen devolver aos contribuíntes tres meses despois. Hai tres meses tiña os mesmos argumentos xurídicos e técnicos que hoxe para proceder á devolución, pero todo apunta a que Tomé fixo coincidir a devolución coa campaña electoral, xogando cos cartos dos contribuíntes e interferindo desde a Deputación na campaña electoral de Sarria”.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...