HomesociedadeA Ribeira Sacra protagonista esta semana do Coñece a túa provincia

A Ribeira Sacra protagonista esta semana do Coñece a túa provincia

Veciñanza de sete colectivos da provincia participan esta semana no programa de viaxes da Deputación de Lugo, Coñece a túa provincia. Preto de 150 persoas percorrerán dende este martes e ata o venres, o territorio provincial coas viaxes gratuítas que impulsa a institución para entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza desta semana procede dos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Samos, Begonte, As Nogais, O Incio, Viveiro e Chantada. Este mércores o alumnado do CEIP de Samos visitará o Centro de Interpretación Terras do Miño para despois percorrer o Centro Histórico de Lugo con paradas en lugares emblemáticos como a Muralla. Ese mesmo día os usuarios e usuarias do Centro Recreativo, Cultural e Deportivo de Baamonde, en Begonte, visitarán o Mazo de Santa Comba para posteriormente coñecer o municipio de Quiroga.

O xoves, a Asociación de Mulleres as Xeitoras de Eirexalba, do Incio, fará a súa primeira visita á Produtora de Audiovisuais e achegarase á Mariña. O venres será a quenda da Asociación Cultural Proa, de Viveiro, e da Asociación de Veciños San Juan da Alameda, de Chantada. Os mariñáns achegaranse ao Centro de Interpretación Terras do Miño e, posteriormente, coñecerán os concellos de Quiroga e Ribas de Sil. Pola súa banda, os da Ribeira Sacra irán cara o norte da provincia parando primeiro nas instalacións da Granxa Gayoso Castro e continuando a viaxe para coñecer os municipios de Guitiriz e Friol.

O programa Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...