InicioTerra de Lemossanidade"Desmantelamento de persoal e material no Hospital de Monforte", denuncia Pladesapu

“Desmantelamento de persoal e material no Hospital de Monforte”, denuncia Pladesapu

Segunso a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte á falta de médico rehabilitador súmase agora a perda dun médico psiquiatra no servizo de saúde mental do centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

PLADESAPU denuncia o paulatino desmantelamento que está a sufrir o hospital comarcal, tanto de persoal como de material. En canto a traballadores, seguen a denunciar a falta dun médico rehabilitador dende a xubilación da doutora Cadarso a finais do ano 2022, “ó que se suma agora a perda dunha das dúas psiquiatras que formaban parte do servizo de saúde mental, que actualmente atende un gran volume de doentes, sobre todo despois da agudización de moitas patoloxías mentais trala pandemia”, aseguran.

En canto a falta de material a Plataforma denuncia que “o electrocardiógrafo da planta de medicina interna está pedido dende fai un ano, e mentras tanto suplen a súa ausencia compartindoo coa planta de especialidades, cando sempre houbera un por servizo. Non contentos con eso, agora mesmo está a ocorrer o mesmo no servizo de urxencias, no que de dous electrocardiógrafos só teñen un dispoñible, co risco que iso supón a hora de atender dúas urxencias a un tempo.”

Dende a plataforma esperan que esta carencia se subsane o máis axiña posible, xa que entenden que “poden excusar a ausencia de profesionais coa falta de médicos, pero os electrocardiógrafos son un material básico e fácil de adquirir, sempre que haxa vontade de facelo.”

ÚLTIMAS

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...