HomesociedadeO Concello de Bóveda apoiará ao cineasta e produtor local Alberto Díaz

O Concello de Bóveda apoiará ao cineasta e produtor local Alberto Díaz

O alcalde, José Manuel Arias, mantivo unha xuntanza de traballo con el na que lle trasladou o apoio do Concello para os vindeiros proxectos que ten en marcha.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Manuel Arias, alcalde de Bóveda, trasladoulle ao cineasta e produtor local Alberto Díaz o seu apoio para emprender proxectos audiovisuais que ten en marcha e acordaron tamén que se proxecte na localidade a curta ‘A Rabia’, obra gravada en diferentes escenarios da zona sur e que este ano foi finalista dos Premios Mestre Mateo.

Na actualidade o cineasta busca apoio do ICAA para a coprodución dunha curtametraxe de animación que está a desenvolver coa produtora de Valencia Admirable Films e que levará por título ‘Ruído’.

O segundo dos proxecto para os que pretende a financiación do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales de España é unha curta social con moito efecto visual que tratará sobre o autismo e que levará por título ‘Normal’. Neste caso, a peza será coproducida xunto coa empresa madrileña Not Alone.

Alberto Díaz explica que a postprodución de ambas curtametraxes se desenvolverá en Bóveda, no estudo cinematográfico ‘Triskel’, proxecto apoiado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel que ten previsto inaugurar nas vindeiras semanas, o primeiro destas características que se instala no Concello de Bóveda.

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...