HomesociedadePladesapu segue animando á xente a reclamar ante a "vulneración de dereitos...

Pladesapu segue animando á xente a reclamar ante a “vulneración de dereitos na sanidade”

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) de Monforte, reitera as súas reivindicacións pola falta de material que está a sufrir o hospital, a pesar de que representantes do Sergas desmentiran este feito hai uns días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao referirse á falta de material no Hospital Comarcal de Monforte, tiñan denunciado a perda de dous aparellos para realizar electrocardiogramas, e agora suman a perda do monitor do servizo de endoscopias, “Neste servizo adminístranse sedacións, que requiren a monitorización de certas constantes vitais dos pacientes, e agora mesmo estase a facer cun tensiómetro e pulsioxímetro como o que se pode atopar en calquera farmacia. Mención especial merece tamén o electrocardiógrafo do servizo de reanimación, un modelo tan antigo que a día de hoxe o papel que precisa para a impresión do electrocardiograma está descatalogado”, sinalan.

En canto ás reclamacións polo mal funcionamento do servizo de rehabilitación, aseguran que o Sergas está comezando a contestalas, pero sen compensar aos pacientes por esta situación, “por non tratarse dunha urxencia inmediata e de carácter vital, e utilizar por decisión propia os servizo distintos os da Seguridade Social, non están devolvendo eses cartos”. Insisten, “non é unha decisión propia, máis ben unha decisión motivada pola carencia de medios da Seguridade Social.”

Desde a plataforma seguen animando a xente a presentar as reclamacións e “a non quedar calada ante unha clara vulneración dos seus dereitos como usuarios do sistema público de saúde”. Lembran que todos os mércores de 17 a 18h na Aula 1 da UNED, na casa da cultura de Monforte, persoal da plataforma asesora con calquera dúbida que teñan.

ÚLTIMAS

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...