HomeMedio ambiente e PatrimonioRecollida de plásticos agrícolas nas parroquias monfortinas

Recollida de plásticos agrícolas nas parroquias monfortinas

Segundo solicita o concello, depositaranse durante a fin de semana nos lugares indicados e pasarán recollerse o luns 5 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recollida de plásticos agrícolas nas parroquias monfortinas terá lugar o vindeiro 5 de xuño, data que coincide coa época na que os gandeiros e labregos necesitan desfacerse dun gran volume de plásticos que proceden en gran medida do ensilado de herba.

Segundo indican dende o concello, a recollida de plásticos agrícolas levarase a cabo dende primeira hora da mañá ao longo de toda a xornada, nos seguintes lugares:

  • Marcelle (campo da festa).
  • Gullade, Nocedas e Penela (saída das Nocedas a Gullade, antigo parque infantil).
  • Vilamarín (campo da festa).
  • Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa).
  • Bascós, Chavaga  e Sindrán (Local Social de Bascós).
  • Reigada e Fontes (Praza Mourelo).
  • Piñeira (Listo).
  • A Parte e Valverde (Barrete Proveiros).
  • Chao do Fabeiro (Campo da festa).
  • Moreda, San Xoán, San Xulián e Seoane (Local social de San Xoán).
  • Fiolleda (Carretera a Currelos).
  • Baamorto (Campo de Fútbol).

O plástico estritamente agrícola deberá depositarse dobrado e atado, para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión, durante esta fin de semana nos lugares devanditos e o custo deste servizo, contratado coa empresa XIMA, será asumido exclusivamente polo Concello de Monforte.

Os pedáneos das diferentes parroquias xa foron informados e dende Alcaldía anímase aos labregos e gandeiros a participar na recollida e a achegar os plásticos agrícolas aos lugares indicados que lle queden máis próximos. Para favorecer a reciclaxe destes residuos tamén se lembra que poden achegalos ao Punto Limpo do Concello en calquera data do ano.

O Alcalde, José Tomé, agradece o interese dos labregos e gandeiros para contribuir ao coidado medioambiental da contorna e tamén o traballo dos pedáneos difundindo a existencia do servizo de recollida.

ÚLTIMAS

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...

Transportes pon en circulación os trens na prolongación da variante de A Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en servizo...