HomeCulturaO Son da Aldea, festival cultural de Toldaos, celebra a súa segunda...

O Son da Aldea, festival cultural de Toldaos, celebra a súa segunda edición os días 23 e 24 de xuño

Proxeccións concertos, contacontos ou teatro serán as actividades protagonistas destes dous días en Toldaos, no concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Son Da Aldea é un minifestival multicultural íntegramente en galego e de balde. “Pensamos que a cultura ten que chegar ao rinconciño máis pequeniño e para todo o mundo. Non somos unha festa de aldea, pretendemos ser un escaparate da nosa cultura. Amosar o estado ruinoso do rural o problema demográfico do noso concello”, sinala Javier Goyanes, presidente da asociación veciñal As Candelas de San Xoan de Toldaos.

O día 23 na adega do campo do adrio ás 21.00 proxectarase “O último de Arganeo” con posterior charla coloquio. Na xornada do día 24 comezarase ás 17.30 cun concerto do grupo Alendalúa nas pedras das mouras. Ás 18.45 na dega do campo do adrio haberá contacontos con Anxo Moure. Ás 19.50 na zona do festival haberá teatro a cargo da asociación de veciños de Cereixa e as actuacións musicais comezarán as 21.00 con Rhome, Cerodouscero, Os Parentes, Cmirago e Tecor Societario.

As actividades son de balde e están abertas a todos as persoas interesadas, “Queremos poñer o noso graiño de area para a dinamización do berce da nosa civilización da nosa cultura. Para saber onde queremos ir temos que coñecer de onde vimos. Achegar a xente nova o rural e que vexan que tamén hai vida e inquietudes fora das vilas”, conclúen desde a asociación promotora.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...