Homesociedade"Os Camiños do Neno Labrego" proxectouse no IES A Pinguela co programa...

“Os Camiños do Neno Labrego” proxectouse no IES A Pinguela co programa Educa Audiovisual

O alumnado de 4º ESO deste centro de ensino de Monforte asistiu á proxección da mediometraxe "Os Camiños do Neno Labrego", dirixido por Simone Saibene, de Noveolas Producciones, que o IES A Pinguela solicitou do Programa Educa Audiovisual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mediometraxe “Os Camiños do Neno Labrego” recorre as entornas vitais de Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces), nun primeiro período ata os 21 anos, como á volta da emigración arxentina e cubana coa súa compañeira Anisia Miranda; desde a casa do Romano natal ata as paisaxes dos nenos dos seus libros, que eran tamén as súas: As Insuas, a casa nova, a ponte románica, o Resío, casa do Castelo, cemiterio, a escola, a serreira de Pardo…

As paisaxes de Pepe Neira son tamén as de Balbino, o protagonista de “Memorias dun Neno Labrego”, o libro con máis edicións da literatura galega, con máis de 700.000 copias en multitude de idiomas de todo o mundo, o que o fai ser o gran best seller en idioma galego.

Ao remate da proxección, o alumnado intercambiou opinións co director e con Olga Novo, súa profesora de Galego, sobre o autor e a Fundación Neira Vilas.

“Os Camiños do Neno Labrego” no IES A Pinguela / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...