HomeMovementos sociaisRomaría solidaria para recuperar Vilar do Courel

Romaría solidaria para recuperar Vilar do Courel

Será este 17 de xuño no 'Campazo de Vilar' e nela terá lugar un 'Sorteo Solidario' para obter fondos e investilos na recuperación da aldea courelá e a súa contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 17 de xuño terá lugar en Vilar do Courel unha fermosa iniciativa solidaria que ten como finalidade recuperar a aldea que resultou arrasada polo lume no terrible incendio do mes de xullo de 2022.

Esta acción veciñal, que consistirá nunha romaría e nun sorteo, conta co apoio do Concello de Folgoso do Courel e ten programado o seu comezo ás 12:00 h. no ‘Campazo de Vilar’, nome que recibe o popular e enxebre campo da festa da aldea.

Diferentes empresas e comercios realizaron doazóns que se poden ver na páxina de Facebook ‘Veciños de Vilar do Courel’ e que serán sorteados ao longo da romaría cun presentador de excepción, Xosé Manuel García, coñecido polo programa radiofónico “Comer e falar, todo é comezar”. Para participar no sorteo deberán mercarse rifas e o recadado investirase na recuperación da aldea de Vilar e a súa contorna.

PROGRAMACIÓN

Comezo da romaría ás 12:00 h. e ás 13:00 representación de instrumentos de música de raíz con Xavier Blanco da Fundación Legar.

Ás 13:00 h. Foliada cos seguintes grupos colaboradores: Nubeiro e Amigos (Lugo), Charanga Padre José e Recantos e amigos (Quiroga), Gaitas e Cantores do Courel (Folgoso), Foliada de Bosende (Lugo), e Os Corenta e Chinco da Pobra do Brollón.

Ás 17:00 h. participará a Asociación Cultural Abrente das Nogais e ás 18:00 h. está programada unha ‘Foliada Libre’ como fin de festa.

No campo da festa haberá servizo de polbo e churrasco a cargo dun dos colaboradores, Sidrería Bermúdez.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...