HomeCulturaII edición de Ultreia Et Suseia, do 16 de xullo ao 23...

II edición de Ultreia Et Suseia, do 16 de xullo ao 23 de agosto en Sarria

Contará con espectáculos de comedia, narrativa oral, música e charlas. Toda a programación está conformada por artistas galegos. Unha das grandes novidades desta edición é a incorporación ao evento distintas asociacións culturais da comarca de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A segunda edición de Ultreia et Suseia celebrarase en Sarria entre o 16 de xullo e o 23 de agosto. Ultreia et Suseia, cuxo nome fai referencia ao histórico saúdo no Camiño de Santiago e que se pode traducir do latín como “Segue adiante, máis arriba”, ten un cartel de actividades conformado totalmente por artistas galegos. O evento será, fundamentalmente, de carácter gratuíto. Así, poderase gozar de espectáculos de artes escénicas de narrativa oral tanto para público adulto como familiar, dos paseos teatralizados de carácter didáctico, Camiñografías e a estrea do espectáculo de comedia dos influencers Pepe e Lucas, que contan con máis dun millón de seguidores en Tiktok.

As únicas actividades de pago serán os espectáculos cómicos Recuncho da Comedia -un show especial exclusivo para o evento de David Amor, Pablo Meixe e Danny Boy-Rivera– que abrirá o ciclo o 16 de xullo, Xosé A. Touriñán o 22 de xullo e Luís Piedrahita que pechará a programación o 23 de agosto. As entradas a través de Ataquilla.

Unha das grandes novidades desta edición de Ultreia Et Suseia é a aposta pola incorporación de asociacións culturais da comarca de Sarria. Xa está confirmada a participación de Peleiriños, Meigas e Trasgos, Huhú e Rúa da Música. Desde a organización destacan que Ultreia “é un proxecto aberto a todo o mundo que queira participar”.

Outro dos puntos fortes de Ultreia et Suseia son os seus espectáculos de artes escénicas enfocados á narrativa oral, que serán de carácter gratuíto. Pequenos e maiores poderán gozar da sesión de contacontos de Raquel Queizás, Eva Rilo Elas, Atenea Fernández ou Paula Carballeira. O proxecto está promovido por Etiqueta Negra e o concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...